Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Rácing embalado xogará o adiado contra o Córdoba o 3 de maio

Un Rácing embalado xogará o adiado contra o Córdoba o 3 de maio

Levan once xornadas sen perder e colócanse a tres puntos do líder Alcorcón, e cun partido menos

G24.gal 03/04/2023 21:18

A falta de disputar o 3 de maio o partido adiado fronte ao Córdoba, o Rácing prosegue coa súa meteórica ascensión cara os primeiros postos. A vitoria na casa fronte ao San Fernando colócaos terceiros, a tres puntos do primeiro clasificado, o Alcorcón. O empate do líder beneficia os ferroláns, que chegan ás once xornadas sen perder.

As sensacións son peores na Coruña. O Deportivo volveu caer a domicilio e baixa ata a cuarta praza, a catro puntos do ascenso directo, o gran obxectivo da temporada. Os de Óscar Cano sumaron unha nova decepción lonxe de Riazor tras o tanto do ex deportivista Christian Santos.

O tropezo do Deportivo favorece o Celta B, que sumou tres puntos de ouro no seu regreso a Barreiro. Triunfo pola mínima nun partido revirado e esixente para os de Claudio Giráldez, que amosan as súas cartas na carreira polo ascenso.

O Pontevedra aférrase ao efecto Señor e suma a terceira vitoria consecutiva en Pasarón para situarse a tres puntos da permanencia grazas aos dous goles de Álex González.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade