Un polémico gol anulado impide o triunfo do Pontevedra
Na última xogada do partido diante do Real Madrid Castela marcou Resende pero o colexiado anulou o tanto na revisión por un fóra de xogo moi discutido
O equipo pontevedrés foi mellor, sobre todo no segundo tempo
O colexiado Román Román erixiuse no gran protagonista do Pontevedra Real Madrid Castela. Non só polas dúas expulsións ao cadro pontevedrés senón polo gol anulado a Resende no tempo engadido. Mentres o portugués se volvía tolo na celebración o colexiado revisaba un fóra de xogo anterior de Luisao Macías. Tardou cinco minutos en tomar a decisión pero o veredito foi o dunha posición antirregulamentaria que impediu o triunfo granate.
Unha vitoria que mereceu o cadro de Rubén Domínguez. No primeiro tempo Comparada estrelou un remate contra o traveseiro. E no segundo xerou unha chea de oportunidades pero atopou unha gran actuación do porteiro Fran González. Con tanta insistencia acabou chegando un gol que espertou as iras da afección pontevedresa.