Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un patinete atropela unha muller en Sanxenxo, nunha zona de preferencia peonil

Un patinete atropela unha muller en Sanxenxo, nunha zona de preferencia peonil

A ferida é unha muller de 74 anos das Neves, que estaba de paso cun grupo que viña da Festa da Troita 

O condutor do patinete circulaba pola calzada, pero el mesmo recoñeceu que non vira a muller

G24.gal 26/05/2025 14:35

O descoido puido resultar fatal. A vítima é unha muller de 74 anos, unha veciña das Neves que estaba en Sanxenxo de excursión. Viñan da Festa da Troita de Ponte Caldelas e aproveitaron o día, pero o paseo cruzouse. 

"Viña polo paseo e golpeou a muller ao final", explica un mozo que foi testemuña do golpe.

"Por un descoido do condutor, golpeou a muller, que caeu e sufriu unha lesión na cara", matiza José Manuel Duarte, inspector xefe da Policía Local de Sanxenxo  

Sobre todo, no nariz. Ocorreu nunha zona pintada de vermello que marca a prioridade dos peóns. Nun día de sol, co paseo e a praia ateigados, a convivencia cos patinetes resulta complexa. 

"Tivemos que chamar varias veces á policía porque viñan por aquí uns mozos a unhas velocidades tremendas e ademais pola beiravía, non pola estrada. Baixaban pola costa e quedaban dando voltas pola beiravía. Tamén hai ciclistas, uns señores maiores que van polo paseo".

"Eu vin máis pola beiravía que pola calzada".

"Non deberían compartilos. É certo que a norma só prevé a circulación pola calzada. Non deberían ir polas beiravías. E, en concreto, en Sanxenxo o artigo 13 da ordenanza, prohibe a circulación de patinetes en todo o concello, agás no carril bici", aclara Duarte.  

Sanxenxo ten prohibido a circulación en patinete en todo o concello por ordenanza municipal, pero habelos hainos. É o segundo accidente nunha semana. A norma apenas se coñece na rúa, menos aínda entre a xente que vén de fóra, que é case toda. 

"Úsoo só para ir do traballo á casa. Non sabía que estaban prohibidos. Sabía que hai que usar chaleco e casco pero non sabía que estaba prohibido", recoñece un usuario de patinete.

O chaleco só é recomendable e o casco, obrigatorio fóra de zona urbana. Teñen que circular, iso si, pola calzada, unha norma que neste caso o condutor do patinete si cumpriu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade