Un operario falece en Friol tras unha caída no interior dun cortello

Un operario perdeu a vida na tarde deste martes como consecuencia dunha caída no interior dun cortello na localidade luguesa de Friol, concretamente no barrio de Penalba.
A vítima, traballador da granxa desde había algúns anos, caeu no interior das instalacións tras sentirse indisposto. O aviso deste accidente laboral ao 112 Emerxencias facilitou a activación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e de efectivos da Garda Civil, do GES de Friol e de Protección Civil.
Polo momento non hai máis información sobre este incidente.
#AXEGAInforma dun accidente laboral en #Friol.
— 112Galicia (@112Galicia) October 17, 2023
Lamentablemente, un operario perdeu a vida como consecuencia dunha caída no interior dun cortello.
O aviso a esta central facilitou a activación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil, GES Friol, Protección Civil. pic.twitter.com/UVU2fByxyY