Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un novo espazo seguro, amable e acolledor para os menores nos xulgados de Santiago

Un novo espazo seguro, amable e acolledor para os menores nos xulgados de Santiago

O proxecto foi deseñado pola Fundación Andrea, que tamén publicou tres contos guía, con textos da xuíza decana de Santiago, ilustrados por Iria Bermúdez e editados pola Xunta de Galicia

As instalacións buscan ofrecer unha contorna amable e acolledora para o menor As instalacións buscan ofrecer unha contorna amable e acolledora para o menor
G24.gal 07/10/2025 15:51

Os xulgados de Santiago estrean sala de espera para menores. Reformouse para facela máis amable e máis adaptada ás necesidades daqueles rapaces que teñan que acudir á sede xudicial por asuntos penais ou de familia.

O proxecto foi deseñado pola Fundación Andrea e autorizado pola Xunta. É un espazo seguro, amable e acolledor, con recursos específicos para os máis pequenos, destaca o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Dentro do proxecto, que se realizou en colaboración co Decanato dos Xulgados de Santiago e a Xunta de Galicia, dispúxose unha sinalización con vinilos no chan da entrada principal do edificio para marcar o punto de encontro desde o que se acompañará aos menores.

A xuíza decana de Santiago, Sandra María Iglesias Barral; a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca; e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitaron este martes as instalacións.

A Fundación Andrea, que quixo ampliar, deste xeito, o seu ámbito de actuación a menores inmersos en procesos xudiciais, tamén publicou tres contos guía, con textos da xuíza decana de Santiago, ilustrados por Iria Bermúdez e editados pola Xunta de Galicia.

Os libros, cuxo propósito é facilitar aos menores e adolescentes a comprensión da Xustiza, estarán dispoñibles na nova sala de espera, denominada Espazo Amable, así como noutras sedes xudiciais da comunidade.

Ademais, coa axuda do equipo de mantemento dos xulgados, acondicionouse un despacho contiguo á sala de espera destinada a menores para uso de equipos psicosociais e o xuíz de familia. Xuíces de Santiago e a Fundación Andrea achegaron contos, xoguetes, cadros e plantas para facer máis amables as instalacións.

Vítimas e agresores

Pola súa banda, a Xunta indica que, na visita deste martes, á que tamén acudiron representantes da Fundación Anxiños e a Asociación Mirabal, coñecéronse ademais as novas instalacións da oficina de asistencia ás vítimas que se estrean estes días e ás que a Xunta destinou case 5.000 euros.

Conta con salas de espera separadas para vítimas e agresores e cun circuíto pechado de acceso para os agresores que evita que se crucen coa vítima.

Tanto esta oficina como a sala de espera para menores enmárcase na aposta da Xunta, destaca, pola humanización e o impulso dunha xustiza "empática e próxima á cidadanía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade