Publicador de contidos

Publicador de contidos

A derruba do hotel de pacientes do CHUAC estará listo a final de ano

A derruba do hotel de pacientes do CHUAC estará listo a final de ano

Trátase dun paso fundamental para seguir avanzando nas obras do novo hospital

G24.gal 07/10/2025 14:26 Última actualización 07/10/2025 14:42

As máquinas preparan a derruba do que foi o hospital de pacientes do Complexo Hospitalario da Coruña. Os traballos previos levaron xa máis do 60 % da obra. Agora varios guindastres de grandes dimensións encargaranse de botar abaixo a estrutura antes de que remate este ano.

"Van ser dúas ou tres pas en función do momento, cuns brazos de entre 28 e 32 metros de lonxitude e que van derrubando fachadas e estrutura", explica o director da obra.

Esta é unha obra necesaria para poder avanzar nos traballos dos novos accesos ao hospital. Será un anel que rodeará o complexo hospitalario e que o conectará coas principais vías de comunicación. Tamén colle ritmo a construción da nova torre polivalente que acollerá a sede administrativa. Son moitas pezas a encaixar coa complicación de manter en todo momento a actividade hospitalaria.

"É o maior investimento nunha infraestrutura sanitaria que colocará A Coruña á vangarda de España", asegura María Martínez Allegue, conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

O investimento previsto achégase aos 500 millóns de euros, dos que xa están en execución 85 millóns. Unha cifra que supón multiplicar por tres a licitación de obra pública de todo o Concello da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade