Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Estrada inaugura Tribunal de Instancia: eficiencia xudicial e enerxética

A Estrada inaugura Tribunal de Instancia: eficiencia xudicial e enerxética

O edificio xudicial é o primeiro que se constrúe en Galicia segundo marca a nova lei de eficiencia na xustiza e reúne na mesma sede as salas de civil e de penal

G24.gal 01/10/2025 14:40

A Estrada inaugura edificio xudicial, o primeiro que se constrúe en Galicia segundo marca a nova lei de eficiencia na Xustiza que substitúe os antigos xulgados por tribunais de instancia. A Xunta investiu máis de 3 millóns de euros no edificio, que empezará a funcionar este mes.

Na entrada o cartel "Tribunal de Instancia" xa indica que é un edificio do futuro, porque desde este ano o que se coñecía como xulgados son Tribunais de Instancia que unen as salas de civil e de penal. As instalacións do partido xudicial da Estrada e Forcarei inclúen medidas de eficiencia enerxética, non ten escaleiras para ser máis accesible, e dispón de tres entradas; unha para o público, outra para o persoal e outra para os detidos.

Ao acto de inauguración este mércores asistiron os presidentes da Xunta, Alfonso Rueda, e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste, e os alcaldes da Estrada e Forcarei. Picatoste destacou que a provincia de Pontevedra "pode presumir de dúas grandes sedes: a Cidade da Xustiza de Vigo, referente en toda España; e a pequena cidade da xustiza da Estrada para unha Galicia interior moitas veces esquecida".

A Xunta investiu máis de tres millóns de euros neste edificio. O presidente Alfonso Rueda reivindicou a aposta do seu Goberno por modernizar as instalacións xudiciais para que os profesionais traballen con transparencia: "Dispoñer de edificios dignos para os que traballan aquí e para os administrados, adaptados aos cambios no eido das novas tecnoloxías e da organización do persoal, todo iso está previsto aquí".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar