A moda do 'batch cooking', preparar nun só día varias comidas para toda a semana
Os expertos aseguran que, organizando os menús, evitamos a improvisación e fomentamos hábitos de consumo máis saudables
A cociña caseira require de tempo. Din que de media para un prato sinxelo nos leva uns 20 minutos. Pero se queremos algo máis elaborado, xa falamos de hora e media.
Por iso moita xente está poñendo en práctica o batch cooking. É dicir, preparar nun só día varias comidas para toda a semana e gardalas en tuppers.
Os nutricionistas din que é unha maneira saudable de comer porque evitamos a improvisación e poñemos en práctica a organización dos nosos propios menús con carne, peixe e verduras, evitando así as malditas sobras e residuos.
O batch cooking é unha ferramenta moi poderosa sempre que se respecte o equilibrio dos nutrientes e a seguridade alimentaria.
O proceso de desconxelación tamén é moi importantes. Nunca debemos facelo a temperatura ambiente, xa que os alimentos sempre deben pasar pola neveira ou polo microondas antes de consumilos.
Para moitos, o batch cooking é unha maneira de cociñar e comer de forma saudable cando o noso tempo non nolo permite.