Arde unha antiga fábrica de leite en Melide
O lume reactivouse na mañá deste martes e os Bombeiros volveron intervir
As forzas de seguridade investigan as causas dun incendio que se orixinou na tardiña deste luns nunha antiga fábrica de leite de Melide. Os equipos de emerxencia dérono por controlado de madrugada pero na mañá deste martes reactivouse o lume e os bombeiros de Arzúa tiveron que volver intervir ata que quedou completamente extinguido. Fixeron principalmente traballos de arrefriamento.
O material queimado eran madeiras e tiñan moita carga térmica. Pedro Sánchez, cabo en funcións dos Bombeiros de Arzúa di que "a primeira hipótese de como se puido orixinar o lume é que se trata dun incendio intencionado, alguén que entrou roubar cobre, metal ou foi facer o que non se debe facer".