Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio no almacén dun local obriga a desaloxar 40 vivendas en Vigo

Un incendio no almacén dun local obriga a desaloxar 40 vivendas en Vigo

Segundo os primeiro indicios, a orixe do lume podería estar nunhas bombonas de butano que tiñan fuga

O edificio afectado O edificio afectado
G24.gal 04/10/2025 10:03 Última actualización 04/10/2025 11:50

Un incendio rexistrado na madrugada deste sábado obrigou a desaloxar, de xeito preventivo, arredor de 40 vivendas nas que residían unhas 80 persoas na avenida do Alcalde Gregorio Espino, en Vigo. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

O 112 recibiu a alerta dunha central de alarmas que informaba da presenza de lume no almacén dun local sobre as catro da madrugada. Segundo os primeiro indicios, a orixe podería estar nunhas bombonas de butano que tiñan fuga.

As lapas queimaron o patio interior do inmoble e, por mor da acumulación de gases, desaloxaron as vivendas do edificio para garantir a seguridade dos residentes, de acordo coa información facilitada pola Axencia Galega de Emerxencias.

Unha vez controlada a situación e finalizadas as tarefas de ventilación e revisión, as persoas evacuadas puideron regresar aos seus domicilios. No operativo interviron os Bombeiros de Vigo, a Policía Nacional, a Policía Local e Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade