Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve arder o piso de Cangas incendiado o luns

Volve arder o piso de Cangas incendiado o luns

A vivenda afectada estaba baleira xa que a inquilina aínda non regresara tras o primeiro incendio

G24.gal 05/12/2025 13:46

A pasada madrugada os bombeiros do Morrazo sufocaron o lume que se orixinou nun cuarto dunha das vivendas do entresollado dun edificio de Cangas. Xa coñecían o espazo xa que o luns atallaran no mesmo lugar o incendio que se iniciara nunha estufa de butano. Desta vez segundo explicou o xefe de quenda dos bombeiros ardeu un colchón e algunhas pezas de roupa.

A vivenda afectada estaba baleira. A súa inquilina aínda non volvera a casa danada polo primeiro incendio e horas antes estivera alí acompañada dos peritos.

Os veciños non comprenden que puido pasar. Moitos deles tiveron que ser desaloxados pola fumareda que provocou o lume. Outros agardaron nos balcóns ata que os bombeiros ventilaron o inmoble.

A Garda Civil xa investiga as causas do incendio que desta vez non causou danos persoais. A última hora desta mañá a policía xudicial alertou da posibilidade de que novamente se reavivase o lume polo que Protección Civil procedeu a retirada do colchón queimado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade