Un neno francés vive dous anos só despois do abandono da súa nai
Non tiña electricidade nin auga corrente, e alimentábase como podía
Aínda así, acudía ao colexio a diario sen que os seus profesores notasen nada
Un neno francés sobreviviu sen ningún sustento familiar durante dous anos. A súa nai deixouno só no apartamento familiar cando tiña 9 anos e ata os 11, alimentábase como podía e ía ao colexio a diario sen que ninguén se decatase da súa situación.
Non tiña electricidade nin auga quente. A nai abandonouno e foise vivir coa súa parella a outra casa a 5 quilómetros. Ela ía ao apartamento moi de vez e cando para levarlle algo de comida, do resto alimentábase como podía, de pasteis ou latas de conserva.
Con todo, asistía a diario ao colexio e aseado. O profesorado nunca notou nada. Describen o neno como moi autónomo, maduro e resiliente.
Foi no ano 2022 cando os veciños alertaron a policía. Agora a nai foi condenada polo tribunal francés de Angulema a 18 meses de prisión por abandono dun menor comprometendo a súa seguridade. O neno vive cunha familia de acollida.