Cargando resultados...
Un neno feriuse ao caer dunha atracción en Motril
G24.gal
30/04/2023 22:10
Última actualización 30/04/2023 22:27
Un neno, de 12 anos, resultou ferido ao caer dunha atracción instalada en Motril polas festas.
Nun dos movementos do aparello o cativo saíu disparado uns dez metros. Bateu primeiro contra un valado, que amorteceu o golpe, e finalmente deu no chan.
O menor tivo que ser trasladado ao hospital da localidade pero xa recibiu a alta.
Tras o accidente, deste sábado á noite, o Concello cerrou as atraccións de xeito cautelar durante 48 horas á espera de que se investigue o sucedido.