Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Friulio consegue implicar a veciñanza de Friol

O Friulio consegue implicar a veciñanza de Friol

Centos de persoas asisten ao asedio romano sobre o castro friolés

G24.gal 10/05/2025 21:19

Este sábado comezou a setima edición do Friulio. A cita de Friol xa é un clásico nas recreacións históricas para os amantes deste tipo de festas.

O castro que hai ás beiras do Narla en Friol acolle esta fin de semana unha festa de recreación castrexo-romana que se caracteriza pola absoluta implicación nela da práctica totalidade da veciñanza.

Se cadra o que máis chama a atención é o lugar no que se fai a festa, ás beiras do Narla e nun castro que permanece todo o ano e que foi construído polos veciños dun xeito desinteresado, coa única intención de mellorar cada ano a celebración. E é tal o seu realismo que se converte no mellor escenario para os obradoiros que se ofrecen aos asistentes, nos que os aprenden a tecer, fiar ou a facer cerámica.

As contas din que participaron máis de 500 persoas e unhas 30 asociacións recrearon a vida e as batallas e os oficios tradicionais, como o de cesteiro ou panadeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade