Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un nefasto segundo cuarto condena o Obradoiro

Un nefasto segundo cuarto condena o Obradoiro

Perderon 98-80 na pista do UCAM Murcia

G24.gal 01/05/2022 19:38

O Obradoiro perdeu unha gran oportunidade de selar virtualmente a permanencia a falta de 3 xornadas para rematar a ACB. Malia que depende de si mesmo, o vindeiro domingo recibe o Real Madrid de Pablo Laso, polo que aínda hai moito que facer para conseguila.

E iso que os de Moncho Fernández comezaron moi ben o partido, cun 0-10 a favor e malia a reacción do Murcia remataron o primeiro cuarto catro puntos arriba. Porén, o segundo foi nefasto. O equipo caeuse ante o ritmo e o poderío físico do rival e cun parcial de 33-17 o partido púxose costa arriba para os santiagueses. 

Que tentaron reaccionar no terceiro cuarto, de moita igualade. 21-20 caeu do lado do cadro local... e tendo que facer unha proeza no último cuarto para remontar, os de Moncho semellaron tirar a toalla. Nos últimos minutos o partido semellaba xa decidido. E así foi, co 98-80 final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade