Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil investiga un accidente de moto no que morreu unha muller en Boiro

A Garda Civil investiga un accidente de moto no que morreu unha muller en Boiro

Outra persoa quedou ferida no sinistro

A moto implicada no accidente ocorrido na AC-305 A moto implicada no accidente ocorrido na AC-305
G24.gal 14/05/2022 19:16 Última actualización 14/05/2022 20:52

A Garda Civil investiga as circunstancias dun accidente de moto no que morreu unha muller de 39 anos no concello de Boiro. Aconteceu na parroquia de Cespón, no punto quilométrico 22 da estrada comarcal AC-305, pouco antes das seis da tarde.

Os axentes tratan de determinar se a falecida viaxaba na motocicleta, canda o piloto que resultou ferido grave, ou se ía camiñando pola beirrarúa. Ademais da moto, no sinistro viuse implicada unha furgoneta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade