Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto no incendio nunha casa en Foz

ÚLTIMA HORA

Un morto no incendio nunha casa en Foz

O 112 informa de que varios particulares chamaron avisando da posibilidade de que houbese alguén dentro

Desde Protección Civil do concello lucense contáronlle á Radio Galega que dous viandantes chegaron a entrar na casa pero non puideron facer nada pola intensidade das lapas

Mobilizáronse os Bombeiros de Barreiros, que seguen no lugar, e os de Viveiro e atoparon o cádaver cando apagaron o lume

A casa estaba abadonada e medio en ruínas e un home sen fogar adoitaba refuxiarse nela

Á espera do que determine a investigación, entre as hipóteses enriba da mesa estaría unha fuga de gas

G24.gal 07/08/2026 01:19
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade