Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un menú "impagable" para Robert de Niro, invitado de honra de Madrid Fusión

Un menú "impagable" para Robert de Niro, invitado de honra de Madrid Fusión

Cinco dos mellores cociñeiros do mundo cociñan para o actor co gallo da XX edición do evento 

G24.gal 01/03/2022 21:13

O actor Robert de Niro e a súa parella tiveron o privilexio de degustar este mediodía un menú impagable no hotel Mandarin Ritz de Madrid. Foi a forma que ideou Madrid Fusión para promover o seu vixésimo aniversario.

O menú é impagable porque sería difícil poñerlle prezo ao traballo de cinco dos mellores cociñeiros do mundo, todos españois, que deseñaron os seus 16 pratos, entre os que estaban algunhas das receitas máis icónicas de Dacosta, Colagreco, Berasategui, Roca e José Andrés, quen, por certo, faltou polo seu labor solidario de alimentar os refuxiados na fronteira polaca con Ucraína.

De Niro asistiu moi atento ás súas explicacións antes de deixar os pratos baleiros, e mesmo se atreveu a cortar un xamón a coitelo. Os cociñeiros quedaron engaiolados coa súa proximidade e a parella do actor ata lles dixo que fora o mellor xantar que tivera nunca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade