Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Un menor queda gravemente ferido ao ser golpeado por unha vaca en Santa Comba
Foi trasladado en helicóptero medicalizado con base en Santiago para atendelo
                        Imaxe de arquivo
            
                            G24.gal
                        
                            18/08/2022 20:08
                        
                        
                        
                        
                    
                    Un menor quedou ferido de gravidade na tarde deste xoves despois de ser golpeado por unha vaca en Santa Comba. Segundo informa o 112 Galicia, tivo que ser evacuado en helicóptero sanitario debido á gravidade das feridas.
Os feitos ocorreron nunha explotación gandeira no lugar de Couto, na parroquia de Alón, arredor das 17:30 horas.
Interviñeron axentes da Garda Civil, Policía Local e voluntarios de Protección Civil.