Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen defensa é imposible gañar na ACB (112-87)

Sen defensa é imposible gañar na ACB (112-87)

O Leyma Coruña perde na pista do Andorra encaixando máis de cen puntos

Os locais comezaron o partido cun parcial de 30-15 que se lle fixo costa arriba aos galegos

G24.gal 12/10/2024 22:03 Última actualización 12/10/2024 22:47

O Leyma Coruña perdeulle o pulso ao partido en Andorra no primeiro cuarto. Os últimos tres minutos dese período foron letais, nos que encaixou un parcial de 13-4 (30-15 ao remate) e xa non tivo opcións de volver ao partido. 

No segundo cuarto mantívose a diferenza (50-37 ao descanso) e foi o terceiro no que quedou definitivamente sentenciado. O Andorra levou a diferenza por riba dos vinte puntos (62-40) e mesmo estivo preto da barreira dos trinta (77-50). A desfeita defensiva foi de dimensións considerables e permitiulle a moitos xogadores do equipo do Principado estar nos seus mellores números. 

Choukgaz (25 e cinco triplas) e Harding (28 puntos) machacaron unha e outra vez o aro do Leyma. O que queda claro é que, sen unha defensa á altura das circunstancias, vaille ser imposible ao cadro coruñés acadar vitorias como visitante. Recibir máis de cen puntos non é un bo síntoma, e o encontro acabou cun claro e contundente 112-87. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar