Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un interno agrede un funcionario no cárcere da Lama e provócalle graves lesións nunha man

Un interno agrede un funcionario no cárcere da Lama e provócalle graves lesións nunha man

O interno estaba moi alterado porque non tiña tabaco, segundo informa o sinticato de prisións "Tu Abandono Me Puede Matar" (TAMPM)

TAMPM reclámalle ao Ministerio do Interior e a Institucións Penitenciarias que adopten as medidas necesarias para que estas situacións, que veñen sendo habituais, non se repitan

Denuncian que non se lles considere axentes da autoridade, nin profesión de risco

Exteriores do Centro Penitenciario da Lama. Arquivo Exteriores do Centro Penitenciario da Lama. Arquivo
G24.gal 02/11/2025 22:27 Última actualización 02/11/2025 23:37

Un prisioneiro do cárcere da Lama agrediu esté sábado a un funcionario de prisións cando lle ían colocar unhas esposas, despois dun longo proceso de negociación co interno, que estaba moi alterado porque non tiña tabaco, segundo informa o sinticato de prisións "Tu Abandono Me Puede Matar" (TAMPM)

Segundo relata o comunicado do sindicato de prisións "Tu Abandono Me Puede Matar", o interno estaba moi alterado xa antes da agresión porque non tiña tabaco e esixía fumar. Ao serlle denegada a súa petición, "autolesionouse nos brazos" e comezou a "esparexer o sangue polas paredes". O recluso foi trasladado ao servicio de enfermería, e unha vez realizadas as curas foi "conducido novamente ao módulo de illamento".

Julio Díaz, representante do sindicato TAMPM, relatoulle ao g24.gal que horas máis tarde, durante o reparto da cea, o recluso se volveu mostrar agresivo, reclamou tabaco, destrozou o mobiliario da cela e rompeu os cristales da fiestra. Despois "ameazou con anacos de cristal" aos funcionarios para forzalos a entrar na súa cela "que enchera con auga e xabón para dificultar calquera intervención".

Foi entón cando o xefe de servizo lles indicou aos funcionarios que se equiparan "con equipos de protección para garantir a súa seguridade" e que despois dun largo proceso de negociación para que o interno se deixara poñer unha esposas.

Foi nese momento no que lle intentaban poñer as esposas a través dos barrotes da porta cando o recluso tirou bruscamente dunha das esposas cara o inerior da cela e atrapou a man do funcionario entre os barrotes e o grillón causándolle unha lesión grave nun dedo. O resto dos funcionarios lograron liberar axiña ao compañeiro. Aínda así foi preciso o seu traslado a un centro hospitalario, onde tivo que ser intervido cirurxicamente.

Interior do cárcere da Lama. Imaxe de arquivo Interior do cárcere da Lama. Imaxe de arquivo

Reivindicacións e denuncias do sindicato de prisións TAMPM

Desde o sindicato TAMPM manifestan o apoio ao traballador ferido e a todo o cadro de persoal e lamentan que este tipo de situacións se estean convertendo nun feito demasiado habitual nos centros penais españois.

"Os funcionarios de prisións seguimos desempeñando un labor de enorme responsabilidade e risco sen o recoñecemento que merecemos", di o comunicado de prensa de TAMPM.

"Desde TAMPM denunciamos, unha vez máis, que non somos considerados axentes da autoridade, nin se nos recoñece como profesión de risco, a pesar de que os feitos demostran o contrario de forma evidente.
Esiximos ao Ministerio do Interior e a Institucións Penais que adopten medidas urxentes e efectivas para garantir a seguridade dos traballadores penais e dotarlles do recoñecemento legal e profesional que corresponde á realidade do seu traballo", conclúe este sindicato de prisións.

Patio do cárcera da Lama. Imaxe de Arquivo Patio do cárcera da Lama. Imaxe de Arquivo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade