Publicador de contidos

Publicador de contidos

O peche parcial do Goberno dos EUA atrasa o pago de parte do funcionariado

O peche parcial do Goberno dos EUA atrasa o pago de parte do funcionariado

Máis de 1,3 millóns de empregados públicos están pendentes de cobrar o soldo

Imaxe do Capitol semanas despois do peche. REUTERS/Kylie Cooper Imaxe do Capitol semanas despois do peche. REUTERS/Kylie Cooper
G24.gal 25/10/2025 13:13 Última actualización 25/10/2025 14:13

Comeza unha nova semana de parálise en Washington. O peche parcial do Goberno dos Estados Unidos chega ao seu vixésimo quinto día e isto provoca un atraso no pago dos salarios do funcionariado.

Custa crer esta situación no país do paradigma do capitalismo e que, realmente, non está nunha crise económica nin moito menos, pero 1,3 millóns de empregados federais levan máis de tres semanas sen cobrar a súa nómina.

Outros 900.000 traballadores de servizos "non esenciais" están en excedencia forzosa e sen soldo. Esta situación prodúcese cando o Congreso non aproba o orzamento ou unha lei de financiamento a tempo.

Sen este financiamento, moitas axencias federais quedan sen fondos e deben pechar ou reducir as súas actividades ao mínimo, o que afecta aos funcionarios.

Nestes momentos, as negociacións entre demócratas e republicanos seguen estancadas e, así, o peche ameaza con converterse no máis longo da historia do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade