Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller morre atropelada en Noia cando ía subir a un coche á beira da estrada

Unha muller morre atropelada en Noia cando ía subir a un coche á beira da estrada

O accidente ocorreu na DP-1105 ao seu paso pola parroquia de Argalo, no lugar de Sobreviñas

Axentes e persoal de emerxencias no lugar do accidente Axentes e persoal de emerxencias no lugar do accidente
G24.gal 02/11/2025 19:26 Última actualización 02/11/2025 21:01

Unha muller de case 80 anos faleceu na tarde deste domingo no concello de Noia cando ía subir ao coche do seu home no lugar de Sobreviñas. Malia a rápida intervención dos servizos sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Veciña da localidade, morreu sobre as 18:00 horas no quilómetro 1 da estrada DP-1105, na parroquia de Argalo, xusto cando se dispoñía a abandonar a zona onde ten propiedades. 

O condutor do vehículo que atropelou a muller é un veciño de Lousame. No operativo participaron o 061, os Bombeiros de Boiro, o GES de Noia, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade