O Samaín enche as rúas de Allariz
A peculiar decoración da vila, diferente en cada nova edición, atrae visitantes de toda Galicia
A maioría veñen en familia, para disfrutaren cos cativos dunha celebración orixinal
As rúas de Allariz tranformáronse este Samaín nun circuíto de Fórmula 1, con sinistras carrilanas pilotadas por esqueletos.
"Está todo decorado, con adornos do Samaín, esqueletos...". "Esqueletos facendo moitas cousas, no cemiterio, na prensa e todo iso", explican dous cativos.
O cartel de chegada condúcenos á Praza Maior, ambientada tamén para a ocasión.
"Xa o coñeciamos de cando adornan as rúas polo Nadal e por Halloween polos nenos, que a el encántalle", di unha nai co seu fillo. "Hai un skate cun esqueleto que a min, por certo, non me dá medo", destaca outro neno.
Os cativos son os que mellor o pasan, interactuando con personaxes de terror que parecen saídos dos contos. Pero tamén os pais e os avós, inmortalizando momentos.
"Viñemos de Moaña, como se fala tanto de Allariz, viñemos dar unha volta". "Moito disfrace, moitos mortos viventes... ben, en principio só mortos", din dous visitantes.
Atopamos xente tamén de Cangas, do Porriño, da Coruña... e algúns que viaxaron desde Portugal:
"Viñemos dar unha voltiña a Allariz. Está todo moi bonito".
Comezou o venres a mantense ata o luns, incluído, aproveitando que non hai clases.