Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido un incendio nun edificio do centro histórico de Santiago que deixou danos materiais

Extinguido un incendio nun edificio do centro histórico de Santiago que deixou danos materiais

O suceso, que causou gran expectación na zona, non deixou ningunha persoa ferida

Non foi necesario desaloxar a vivenda ao non vivir ninguén no inmoble

G24.gal 29/04/2025 21:28

Un incendio deixou danos materiais nun edificio do centro de Santiago de Compostela. Trátase dun inmoble de varias plantas situado na praza de Salvador Parga, en pleno recinto histórico da cidade. Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros da capital, que foron os encargados de sufocar as lapas.

O suceso, que causou gran expectación na zona, non deixou ningunha persoa ferida. Polo momento, descoñécense as causas.

Fontes municipais explican a Europa Press que non foi necesario desaloxar a vivenda ao non vivir ninguén no inmoble. Desprazáronse dous camións de bombeiros e Policía Local. Foi necesario acordoar a praza durante o operativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade