Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina por completo unha casa na Estrada

Un incendio calcina por completo unha casa na Estrada

A vivenda estaba deshabitada e en proceso de rehabilitación

Protección Civil da Estrada/ Arquivo Protección Civil da Estrada/ Arquivo
G24.gal 18/09/2022 10:38 Última actualización 18/09/2022 11:35

Un incendio queimou por completo unha casa que estaba en proceso de rehabilitación na parroquia de San Martiño de Barbude, no concello da Estrada. No momento en que se declararon as lapas non había ninguén no seu interior.

O 112 Galicia recibiu o aviso por parte dun particular á unha e media da noite, despois de observar lapas que saían polo tellado do inmoble.

Emerxencias desprazou ata o lugar os afectivos do GES da Estrada, que tras realizar unha valoración mobilizaron os bombeiros do Deza.

Tras descartar a presenza de persoas no interior os servizos de extinción apoiados por recursos facilitados por Medio Rural, lograron controlar e apagar o lume.

A vivenda ardeu na súa totalidade. No operativo tamén participou persoal de Urxencias Sanitarias do 061, a Garda Civil e protección Civil da Estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade