Un incendio calcina o salón dunha casa en Oleiros e o fume afectou toda a vivenda
Non había ninguén no interior da casa, polo que non houbo que lamentar danos persoais

Arde unha vivenda en Bastiagueiro, no concello coruñés de Oleiros. O incendio calcinou por completo o salón e o fume afectou todas as estancias da casa.
O lume orixinouse o domingo a mediodía. Foron varios veciños os que alertaron os servizos de emerxencias ao ver saír o fume dunha vivenda unifamiliar, na que podería haber algunha persoa atrapada.
Os equipos desprazados ao lugar comprobaron que non había ninguén no interior da casa, polo que non houbo que lamentar danos persoais. Os labores de extinción foron complicados pola elevada carga térmica que había no interior da vivenda.
O lume orixinouse nunha galería da pranta baixa, por causas que de momento se descoñeceñecen. Esa zona, na que está ubicado o salón, quedou totalmente calcinada.