Publicador de contidos

Publicador de contidos

Só queda arrefriar os rescoldos do antigo hotel Ribanova de Ribadeo, que levaba anos pechado

Só queda arrefriar os rescoldos do antigo hotel Ribanova de Ribadeo, que levaba anos pechado

As lapas propagáronse con facilidade, xa que o interior do inmoble era de madeira

Os equipos de extinción esforzáronse para que o lume non se propagase a edificios lindeiros

G24.gal 10/08/2025 15:15

Hoxe só queda arrefriar os rescaldos para que non prendan de novo as lapas. Do edificio do que foi o antigo hotel Ribanova de Ribadeo só queda a fachada. A actuación dos equipos de extinción evitou que se propagase ás casas lindeiras. Manifesta o concelleiro de Obras de Ribadeo, Diego dos Santos que, "queriamos salvagardar o lateral porque o edificio do hotel xa o dábamos por perdido". Pola súa parte, o responsable da motobomba, Carlos Castro apunta que "estivemos toda a noite traballando".

O incendio iniciouse sobre as seis da tarde, cando comezou saír fume do edificio que leva anos sen uso. O interior é de madeira e extinguir o lume foi complicado. Mesmo houbo que desaloxar os inmobles próximos. Indica o capataz de obras de Ribadeo, Antonio Cuadrado, sobre o incendio que "dado que o edificio é de principios do século pasado e está no centro de Ribadeo, causou bastante estupor"

Estanse investigando as causas do incendio. Apuntan a que alguén puidese acceder ao edificio sen permiso e nun descoido prendeu lume na madeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar