Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home queda ferido na cabeza tras pelexar con outro na zona da Igrexa Castrense da Coruña

Un home queda ferido na cabeza tras pelexar con outro na zona da Igrexa Castrense da Coruña

O agresor fuxiu do lugar antes de que chegase a policía

Veciños e comerciantes aseguran que as leas entre os toxicómanos son constantes

G24.gal 18/02/2025 13:48

Os fortes berros alertaron os transeúntes e comerciantes da céntrica rúa do Santo André. "Estaban discutindo, coma sempre. Un empurrou o outro, caeu e levou un golpe na cabeza. A xente achegouse a el porque non espertaba e levárono así", explica unha testemuña.

Daquela, moitos chamaron a policía. Pero cando os axentes chegaron ao lugar, o agresor xa fuxira. "A policía anda á súa procura. Pero tampouco sabemos moi ben quen foi porque aí había moitos".

Os comerciantes din estar fartos das pelexas que, segundo contan, acontecen con asiduidade. "Peléxanse case acotío"; "Ameázanse, pero con palabras fortes".

Situacións que xeran medo na contorna. "Sobre todo a xente maior, que xa non quere vir mercar".

Din que a policía si se deixa ver pola zona, pero cren que non é dabondo. "Policía si que hai, pero eles métense cos axentes".

Os ouriños, cartóns tirados e lixo nesta zona son outras das súas queixas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade