Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dous homes en Andalucía a causa do temporal

Morren dous homes en Andalucía a causa do temporal

Un home faleceu en Huelva tras un desprendemento que arrastrou o seu coche

En Córdoba outro home morreu polo impacto dunha chapa arrincada polo vento

A borrasca Bernard provoca máis de 2.000 incidencias en Andalucía

G24.gal 23/10/2023 11:19 Última actualización 23/10/2023 15:05

A borrasca Bernard deixa dous mortos en Andalucía. O primeiro falecido é un home que morreu ao envorcar o vehículo en que viaxaba tras un desprendemento de terra na localidade de Trigueros, en Huelva.

O segundo dos mortos é outro home que foi atopado morto nunha rúa de Córdoba e que sufriu o impacto dunha chapa metálica arrincada polo vento. que chegou a alcanzar velocidades de ata 128 km/h na pasada xornada.

O temporal afectou de maneira intensa este domingo a Andalucía, con máis de 2.000 incidencias, principalmente, asolagamentos e rescates de persoas atrapadas nos seus vehículos.

A caída de varias árbores deixou seis persoas feridas en Huelva, Granada e Córdoba. En Granada, permanece ingresada na UCI unha menor de idade despois de ser golpeada por unha póla cando visitaba o Bosque da Alhambra, que se pechou ao público.

O luns amenceu con estragos en coches, árbores impedindo o paso nas rúas e asolagamentos que levaron a rescates de persoas atrapadas en vehículos.

Non hai clase nas universidades de Huelva e Córdoba, e o tráfico ferroviario suspendeuse en varios puntos. 

No Campo de Xibraltar recuperáronse as rutas marítimas con Tánxer e Ceuta, despois das ondas de máis de cinco metros do domingo.

Fóra de Andalucía, a noite foi complicada para os bombeiros de Madrid polas fortes chuvias, que afectaron especialmente a Coslada, deixando casas e garaxes asolagados, balsas de auga en estradas e no metro, onde se mantén interrompida a liña 7.

Canda o vento e a chuvia, as temperaturas baixan. E xa se poden ver as primeiras neves nas zonas altas dos Picos de Europa, en Asturias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar