Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outono de 2026, máis calor da normal?

Outono de 2026, máis calor da normal?

A AEMET di que despois dun verán histórico, o outono será máis cálido do normal

G24.gal 16/09/2026 14:11

A Aemet di hai unha alta probabilidade de que o outono sexa máis cálido do habitual, pero tamén algo máis húmido. E todo isto despois dun verán que foi todo menos suave. De feito foi o máis calido da serie histórica en Galicia, segundo o delegado da AEMET: "Superando o que era máis cálido ata o de agora, que era o do ano pasado".

Con máximas por riba dos 40 graos en Ourense, e mesmo preto da costa: O Rosal, Padrón, Ponteareas superaron os 42 graos e na Coruña o 13 de xuño acadáronse os 35,9. Convertendo así este verán no segundo con máis horas de sol por detrás do verán de 2016.

E aínda que xuño e xulllo foron moi secos, a recta final de agosto deixou precipitacións moi intensas que compensaron parte da seca acumulada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade