Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home, de 83 anos, falece atropelado na AP-9 na Coruña, entrando en Alfonso Molina

Un home, de 83 anos, falece atropelado na AP-9 na Coruña, entrando en Alfonso Molina

O home foi atropelado nun lugar de escasa visibilidade e prohibido para os peóns

Hai oito días unha muller tamén falecía atropelada na Coruña cando atravesaba unha mediana  

G24.gal 11/01/2026 22:55

Falece un home tras ser atropelado por un coche na Coruña

Pasadas as 20 horas, varios particulares alertaron ao 112 de que un home acababa de ser atropelado non quilómetro 2 da AP-9, á altura da unión con Alfonso Molina, en Elviña. Segundo as testemuñas, o home cruzou por un lugar sen visibilidade e prohibido para os peóns. 

Malia os esforzos por reanimar a vítima, duns 80 anos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

 

Muller atropelada por un tractor en Zas

Nunha pista do lugar de Padreiro, en Brandomil, no concello de Zas, unha muller quedou ferida e foi evacuada ao hospital en ambulancia tras recibir o impacto dun vehículo agrícola. 

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos dez minutos despois das 19 horas, a través dun familiar da implicada.

Durante a chamada, sinalou que precisaba asistencia sanitaria urxente. No operativo participaron os servizos sanitarios e a Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade