Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un grupo de mozos logra retirar un turismo que quedou atascado nunhas escaleiras en Ourense

Un grupo de mozos logra retirar un turismo que quedou atascado nunhas escaleiras en Ourense

Unhas quince persoas conseguiron sacar á forza o vehículo, que quedou atrapado na praza das Mercedes por un erro do condutor, de nacionalidade portuguesa

G24.gal 25/03/2026 15:25

Un grupo de mozos conseguiu na noite deste martes retirar un turismo, con matrícula portuguesa, que quedou atascado nas escaleiras da céntrica praza das Mercedes, en Ourense.

Non é un incidente illado, xa que esta mesma situación, que un vehículo quedase atrapado nesas escaleiras, viviuse con anterioridade. Aínda así, os peóns que pasaron pola zona quedaron abraiados.

"Pasaba pola rúa, vino no segundo chanzo das escaleiras. Vin que había bastante xente mirando. Sorprendente".

"O coche chegaba ata esta liña. Chegaban as rodas dianteiras apoiadas e tamén tocaba co baixo".

As principais testemuñas foron as da residencia de estudantes que hai ao pé das escaleiras.

"Estabamos na residencia e vimos que había bastante alboroto. Serían sobre as 11:30 da noite e saímos fóra e vimos un coche que baixara ata o primeiro chanzo, e eran uns portugueses, que empezaron a dicirnos que baixaran por aí recto e quedaran atrapados".

Os ocupantes do coche chamaron o seguro, pero o guindastre tardaba en chegar e decidiron actuar pola súa conta.

"Entón empezaron a chamar e empezaron a vir portugueses e portugueses e chegaron aquí como 8 ou 9. Empezaron a dicir '2.000 quilos empuxámolos', pero nós non participamos porque parar diante dun coche escadas abaixo non era moi boa idea".

Pero, malia os riscos, eles seguiron co seu propósito. 

"Dixémoslles que por diante non se puxesen porque o coche tiña tracción por diante, era un Mercedes baixo, e ao arrancar patináballe a roda. Logo viñeron uns amigos. Serían uns 15, entre 12 e 15 e foron poñéndose no lateral e puxeron unhas cousas debaixo das rodas para levantar o coche e á segunda levantouse e conseguírono".

Por sorte, a xogada rematou ben. Non é a primeira vez que un coche acaba atrancado nas escadas das Mercedes.

"Unha persoa de fóra de aquí puxo o GPS e enviouno por aquí. Igual o GPS non lle obrigou a facer a curva e seguiu para adiante e non caeu de todo de miragre".

É a segunda ou terceira vez que pasa. O GPS mándate para abaixo, non te manda de fronte. Iso foi un erro da persoa".

Sexa culpa ou non do navegador, unha aventura pasaron os mozos que viaxaban no coche, afortunadamente sen máis danos que nos baixos do vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade