Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un garda civil, entre os sete detidos na operación antidroga de Carballo e A Laracha

Un garda civil, entre os sete detidos na operación antidroga de Carballo e A Laracha

O Instituto Armado dá por desarticulada esta rede que se dedicaba á distribución de cocaínae  haxix

Cinco dos sete arrestados ingresaron xa en prisión

Arquivo Arquivo
G24.gal 09/05/2025 11:02

Un dos sete detidos no marco da operación antidroga desta semana en Carballo e A Laracha (A Coruña) é un axente da Garda Civil. Este axente é unha das dúas persoas que quedaron en liberdade tras pasar ao dispor do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo, aínda que permanecen como investigados por delitos contra a saúde pública e pertenza a banda criminal. As outras cinco ingresaron en prisión provisional.

Con estes sete arrestos do martes, aos que hai que sumar cinco rexistros domiciliarios, a Garda Civil dá por desarticulada unha "importante rede de distribución de drogas" que operaba en Carballo e outras localidades da comarca de Bergantiños.

Cinco dos sete detidos son membros da mesma familia

A investigación, que segue aberta, permitiu constatar que estas oito persoas dedicábanse a vender estupefacientes a consumidoras habituais da comarca. De feito, chegouse a incautar pequenas cantidades de droga aos compradores.

Máis de 80 axentes de diversas unidades colaboraron neste operativo que se saldou coa incautación de 445 gramos de cocaína, 263,5 de haxix, 8,2 gramos de MDMA, 17,4 de quetamina, 58,35 de heroína e 142 gramos de substancia de corte. Ademais, precintáronse cinco vehículos e se aprehenderon 33.554,5 euros en efectivo.

Cinco dos sete detidos teñen relacións familiares, o que leva ao Instituto Armado a presumir a existencia de "unha estrutura organizativa estable para delinquir". Así mesmo, seis dos sete contaban con antecedentes policiais. A investigación continúa aberta á espera dos resultados das análises ás substancias comisadas, aos móbiles intervidos e á documentación contable solicitada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade