Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gandeiro de Baralla comercializa directamente a súa carne a través dunha nova app

Un gandeiro de Baralla comercializa directamente a súa carne a través dunha nova app

Evita os custos de intermediación e revaloriza o seu produto ecolóxico e de calidade

A gandería ten rexistrada actividade dende comezos do século XVIII

Imaxe da app de Gandería Lanzán
Andrés Pavón/Jorge Pereira 29/11/2024 19:40 Última actualización 29/11/2024 20:09

A través do móbil ou do ordenador pódense adquirir as pezas de carne xa cortada e preparada que saen de Gandería Lanzán, unha explotación de vacas rubias en Baralla. Malia ser da liña suprema e ecolóxica, os prezos que recibía o gandeiro eran baixos e os intermediarios levaban parte da ganancia. Agora fidelizou a clientela e chegou a outra nova grazas a informática.

"Con esta aplicación axilizo os pedidos e detecto cando hai un cliente realmente interesado. É unha fórmula máis efectiva e rápida", sinala Pepe González, de Gandería Lanzán.

Todos os seus produtos están publicados na súa web, e en poucos días a app estará dispoñible para a súa descarga en App Store e Google Play.

Esta aposta pola tecnoloxía choca coa historia da explotación. Dende 1709 hai rexistrada actividade gandeira na casa e sempre a cargo da mesma familia. En parte, esa tradición foi a que levou a Pepe a deixar o seu traballo no mundo do deporte e centrarse na actividade gandeira. Agora xa está a mellorar a xenética do rabaño e busca máis profesionalización.

"Hai recibos da contribución do ano 1709 que xa sinalan que nestas leiras había actividade gandeira", conta González.

Pepe traballa co horizonte de dispoñer dunha hectárea de terreo para cada vaca que, segundo os expertos, é a fórmula óptima de rendibilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar