Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un estudo de Harvard fala dos riscos de ducharse a diario

Un estudo de Harvard fala dos riscos de ducharse a diario

O traballo sinala que, polo xeral, o recomendable sería facelo catro veces á semana

 

G24.gal 22/05/2023 16:38 Última actualización 22/05/2023 18:33

Un estudo de Harvard advirte de que ducharse todos os días pode ser prexudicial. Preguntamos polo asunto no congreso de dermatoloxía que se celebrou en Santiago. Dinnos que nos hábitos de hixiene pasamos dun extremo ao outro, do apenas lavarse de hai 200 anos ao actual exceso de xabóns agresivos. 

Hai que ter coidado cos produtos que utilizamos e co tempo que botamos baixo a auga. Segundo a Organización Mundial da Saúde, a duración media das nosas duchas é de dez minutos, cun gasto de 200 litros. Por iso, por protexer a pel e tamén polo gasto innecesario de auga, a recomendación é non superar os cinco minutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar