Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un errático Lugo non pasa do empate no debut de Trashorras (0-0)

Un errático Lugo non pasa do empate no debut de Trashorras (0-0)

A falta de puntería marca un encontro onde os locais foron superiores

Os lucenses foron moi superiores na segunda metade

G24.gal 25/02/2024 18:55

Lugo e Fuenlabrada empataron a cero na estrea de Trashorras como adestrador lucense, nun partido en que os albivermellos mereceron máis.

No comezo do primeiro acto viuse un Fuenlabrada que non chegou á cidade lucense de paseo. O conxunto madrileño mostrouse moi intenso nos primeiros minutos e con intención de anotar axiña un gol. Inda así, os primeiros dez minutos de partido transcorreron sen que ningún dos dous equipos tivesen achegamentos perigosos. Foi no minuto 20 cando o Lugo tivo a primeira grande ocasión de gol nos pés de Ledesma, que non deu rematado a porta. Na xogada seguinte, os visitantes buscaron a réplica nunha xogada que brillantemente resolta pola zaga. Chegando ao 25 de partido, Lucas tivo que exhibirse para evitar o tanto visitante, logo dun grande envío dende o costado dereito. Na seguinte xogada, Sergio Benito recibiu en boa posición e enviou o esférico moi preto da escuadra dereita da porta lucense. O Fuenlabrada comezaba a avisar das súas intencións e comezaba a ter maior protagonismo no choque. No 35, un gran pase de Thiago Ojeda deixou só a Da Costa, que errou no man a man. Foron os mellores minutos do conxunto de Trashorras. De novo no 41, Lucas volveu facer unha grande estirada, xusto antes de que Jozabed enviase un disparo preto da cepa do poste dereito. Marchou o partido ao descanso cando se estaba a converter nun ida e volta. 

Saíu na segunda metade mellor o Lugo, con varios achegamentos perigosos sobre a meta rival. Primeiro foille anulado un gol a Ledesma por falta ao gardameta, que posteriormente parou un man a man cunha gran saída. Comezou entón a asediar a porta madrileña o equipo de Trashorras, levanto moito perigo sobre todo nas botas de Da Costa. Cumpriuse o 65, cun claro dominio do conxunto local, que non daba visto porta. Co paso dos minutos, o ritmo do partido baixou, aínda que o Club Deportivo Lugo seguiu levando a iniciativa do xogo. Foi no 88 cando Antonetti recibiu un gran centro e non conseguiu o tanto debido a unha espectacular parada do gardameta. Na seguinte xogada, Gorka tivo case a porta baleira o gol da vitoria, pero mandouna alta. Foi a última grande ocasión lucense.

O Lugo queda con 35 puntos, a oito da promoción, mentres o Fuenlabrada deixa a seis puntos os postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade