Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un dron do equipo Pegaso localizou con vida a anciá desaparecida en Caldas

Un dron do equipo Pegaso localizou con vida a anciá desaparecida en Caldas

A cámara térmica da aeronave detectou a muller no polígono de Saiar

 

G24.gal 26/11/2026 14:09

Agustín, Omar e un dron dotado con sensor térmico lograron localizar viva a muller de 83 anos desaparecida o domingo en Caldas. A calor que emitía o seu corpo guiounos ata o polígono de Saiar.

"Estaba moi preto de onde desapareceu, había unha finca cunhas naves e vimos coa cámara térmica unha silueta do que parecía ser unha persoa. Puxemos a visión nocturna do dron e detectamos que efectivamente era unha persoa completamente desorientada".

"O sensor térmico é moi importante nas primeiras 24 horas da desaparición para detectar eses puntos de calor".

A aeronave marcou cun láser as coordenadas do lugar e iluminou o camiño aos rescatadores no medio da escuridade. 

"Os rescatadores non tiñan visibilidade na finca, so unhas pequenas lanternas, por iso decidimos alumeamos co foco de alta luminosidade desde o dron".

Chegaron xusto a tempo. A busca estaba a piques de se suspender despois de que un amplo dispositivo a buscara polo día, mesmo con mergulladores no río. 

"Isto amplía moito a capaciade de atopar as persoas, é unha ferramenta moi eficaz de noite e con cámara térmica"

"Ademais os novos equipos incorporan unha intelixencia artificial que fai que o propio equipo detecte polas noites persoas, embarcacións e vehículos".

A do rescate é so unha das múltiples utilidades que teñen os drons do equipo Pegaso, a unidade da Garda Civil con ollos no ceo.

"Por exemplo facemos control aéreo de grandes masas nos eventos ou para o control de lumes forestais, as cámaras térmicas axudan a detectar puntos quentes de incendios".

Tecnoloxía con vista de paxaro que permite conter incendios, salvar vidas ou controlar a seguridade do noso espazo áereo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade