Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un dos detidos polo triplo crime de Guadalaxara foi o autor material

Un dos detidos polo triplo crime de Guadalaxara foi o autor material

Os tres presuntos autores dos feitos pasarán este martes, previsiblemente, á disposición xudicial

G24.gal 15/04/2024 21:05 Última actualización 15/04/2024 21:12

Unha das tres persoas detidas polo triplo crime de Quiloeches, Guadalaxara, en que morreron un matrimonio e a súa filla, é o autor material dos feitos.

Segundo fontes da investigación, os outros están acusados de cómplice e de encubridor.

As cámaras de seguridade dunha gasolineira facilitaron a súa identificación.

Os investigadores tamén precisaron que os detidos son coñecidos da filla do matrimonio. Engaden que poderían ser do círculo do exnoivo da rapaza. Na localidade seguen consternados co sucedido na madrugada do pasado sábado.

"Sorprendidos e moi tristes, moi tristes, moi consternados". 

"Porque, simplemente, de pensar que a nena ten a mesma idade que a miña, que eu a coñecía, e os seus pais con 52 anos, toda unha vida por diante, que alguén lles quite a vida así, non é xusto", din os veciños.

Todo apunta a que o roubo foi o móbil inicial do crime.

Unha chamada da nai ao 112, tras sorprendelos na vivenda, alertou a policía.

Tras cometeren os crimes, os detidos prendéronlle lume á casa para destruír probas.

Cando chegaron o outro fillo do matrimonio e os axentes, a vivenda estaba en lapas. As vítimas presentaban mútiples feridas de arma branca.

"Os veciños seguen consternados ante isto, é que é moi grave, os feitos son moi graves", afirma o alcalde de Chiloeches.

O Concello decretou dous días de loito. Os veciños de Chiloeches concentráronse en repulsa por este brutal crime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade