Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lino rescatou unha cría de corvo e agora é a súa mascota

Lino rescatou unha cría de corvo e agora é a súa mascota

Vive na casa dun veciño de Doniños desde que era unha cría

Lino e o seu corvo
Rosafer 24/11/2021 20:32

O de criar corvos xa transcende do cinema, da literatura ou do refraneiro popular. Na vida real xa hai algún considerado como unha mascota máis. É o caso de Curro, un corvo que adoptou un veciño de Doniños, en Ferrol, cando era unha cría e que sacou adiante con moitos coidados e agarimos.

 "Iamos a muller e mais eu pola praia de Doniños e vimos unha cría dun corvo, e díxome déixaa que está morrendo... pero trouxémola, démoslle papa e fómolo sacando adiante, pero eu sempre tiven a ilusión de ter un corvo", conta Lino Fernández.

Curro comparte espazo en total liberdade coas outras dúas mascotas da casa, un can e unha gata. A nosa presenza non lle gusta moito, pero acaba obedecendo o seu amo.

"Nada máis chego xa me está esperando, pégame unhas gralladas, vén xunto de min, acaríñoo un pouco, se quere, e despois está con nós constantemente", di Lino Fernández.

Conta Lino que a Curro só lle falta falar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade