Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cobrador de morosos denuncia unha suposta agresión ao intentar cobrar unha débeda en Silleda

Un cobrador de morosos denuncia unha suposta agresión ao intentar cobrar unha débeda en Silleda

Os responsables do negocio declinaron facer declaracións, pero aseguran que o cobrador de morosos empurrou a muller primeiro e o marido saíu na súa defensa

Angel José Jiménez acompañaba o cobrador de morosos que supostamente foi agredido (TVG)
G24.gal 16/04/2026 13:11

Angel é un dos cobradores de morosos que acudiu co seu compañeiro a unha cita nun negocio en Silleda para mediar no cobro dunha débeda por unhas obras. Asegura que os encerraron e cando o compañeiro esixiu que abrisen a persiana, a conversa subiu de tono e o propietario agrediuno.

Asegura que o compañeiro está de baixa á causa das lesións e presentaron denuncia na Garda Civil. Os responsables do negocio declinaron facer declaracións, pero aseguran que foi o cobrador de morosos o que empurrou a muller primeiro e o marido saiu na súa defensa.

Respecto da débeda aseguran estar pasando un mal momento pero que sempre tiveron intención de chegar a un acordo para pagala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade