Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Vigo un home tras agredir dúas mulleres e atacar a Policía con coitelos

Detido en Vigo un home tras agredir dúas mulleres e atacar a Policía con coitelos

Arrestárono na zona da rúa Zamora cando andaba ameazando viandantes con armas brancas

G24.gal 10/04/2026 16:43

Un home de 46 anos foi detido pola Policía Local de Vigo acusado de agredir a dúas mulleres en distintos puntos da cidade e arremeter contra os axentes con tres coitelos.

Os feitos producíronse sobre as 07:45 horas da mañá do xoves cando unha moza que paseaba o seu can nas inmediacións da rúa Álvaro Cunqueiro foi abordada por un varón que a empurrou e a tirou ao chan.

A agresión causou á muller dor nas costas e o agora detido tamén golpeou ao animal antes de abandonar o lugar.

Tras a chamada da vítima ao 092, a Policía Local estableceu un dispositivo de busca; posteriormente recibiu un aviso de que o mesmo home se atopaba na zona da rúa Zamora ameazando viandantes con armas brancas.

Os axentes localizárono na Gran Vía, onde o home se dirixiu cara a un deles con intención de agredilo, polo que foi necesario empregar a forza para reducilo.

Durante a intervención un dos axentes resultou ferido leve nun xeonllo.

O home foi detido como presunto autor dun delito de atentado.

Posteriormente, a Policía tivo coñecemento de que outra muller resultou ferida na rúa Zamora tras ser agredida polo mesmo individuo, sufrindo unha brecha na cabeza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade