Cargando resultados...
Detido un home acusado de agredir un menor nunha lea en Vilagarcía de Arousa
A Policía Nacional investiga unha liorta multitudinaria nunha zona de ocio onde se produciron os feitos
A agresión foi ás portas dun local de ocio situado no porto
G24.gal
24/05/2026 13:23
Última actualización 24/05/2026 13:56
A Policía Nacional investiga unha liorta multitudinaria que rematou cunha persoa detida por unha suposta agresión a un menor de idade en Vilagarcía de Arousa.
Segundo datos facilitados pola Policía Local, a lea comezou entre dúas persoas sobre as 6:00 da madrugada nunha zona de ocio situada no porto. Porén, pouco a pouco foise unindo máis xente á pelexa.
O agredido, que quedou ferido, é veciño do concello, pero o arrestado non. Polo momento, non transcenderon máis detalles sobre o suceso.