Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Celta descoñecido comeza con derrota o seu camiño na Europa League

Un Celta descoñecido comeza con derrota o seu camiño na Europa League

Mal partido do Celta no que foi inferior ó cadro xermano e rematou perdendo 2-1

O cuarto gol consecutivo de Borja Iglesias deulle algo de picante ó final do partido pero non foi suficiente para sacar algo positivo de terras xermanas

@rccelta @rccelta
G24.gal 25/09/2025 20:58

O Celta comezou o seu camiño pola Europa League cunha derrota no campo do Stutgart nun partido onde os vigueses foron superados en todo momento pola presión alta e a intensidade do equipo local. Soamente o gol de Borja Iglesias preto do final deulle algo de emoción ó final do partido pero  ó Celta faltoulle presenza en campo contrario para poder sacar algo positivo do Mercedes Benz Stadium.

Na primeira metade o dominio territorial  foi do conxunto xermano. Pero o Celta tivo a primeira oportunidade despois dun erro do porteiro Alexander Nubel que a pique estivo de aproveitar Iago Aspas. O de Moaña non atinou coa portería cun disparo desde fora da área tras o erro no despexe do cancerbeiro local. Pero despois desa ocasión, o Stuttgart fíxose dono da posesión da pelota. O Celta defendía organizado e non concedía en defensa agás unha xogada que rematou cun testarazo do español Chema Andrés que Radu puido despexar nunha boa intervención. No treito final da primeira metade o dominio xermano incrementou e Radu salvou de novo ós célticos cunha grande estirada a remate de Assignon.

Tras o descanso, despois duns minutos de tanteo, os xermanos puxéronse por diante da forma máis inesperada. Un balón lanzado desde a súa propia área polo porteiro local Nubel sorprendeu ás costas de Marcos Alonso e Bouanani superaba a Radu cun toque sútil que se convertía no primeiro gol do partido. Claudio Giráldez buscou trocar o ritmo do partido coa entrada no campo de Borja Iglesias , Bryan Zaragoza , Javi Rueda e Swedberg. Pero o equipo alemán volveu golpear cun gol de El Khannouss a saída dun córner. Os vigueses non baixaron os brazos pese a desvantaxe no marcador e conseguiron reducir diferenzas cun gol de Borja Iglesias a catro minutos do final. 

A próxima cita europea para os vigueses será o próximo xoves, esta vez en Balaídos, cando reciban ó Paok de Salónica. Antes visitarán este domingo ó Elx na competición doméstica buscando o primeiro triunfo desta temporada.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade