Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un can de raza perigosa traba dúas persoas e lánzase sobre unha cativa en Sanxenxo

Un can de raza perigosa traba dúas persoas e lánzase sobre unha cativa en Sanxenxo

Un axente de policía foi atacado polo animal cando intentaba prendelo e a continuación botouse a un veciño que paseaba pola zona

G24.gal 01/12/2025 14:39

Sucedeu en Portonovo, onde a Policía Local foi alertada por varios cidadáns da presenza dun can solto de raza perigosa. Ao intentar prendelo, un axente resultou ferido primeiro e pouco despois un veciño que paseaba pola zona.

A policía alertou cos sinais luminosos e acústicos da presenza do can para protexer dun posible ataque a outras persoas. O momento máis crítico produciuse cando o animal se abalanzou sobre unha pequena de cinco anos. A rápida actuación do axente que colleu a nena en brazos e a puxo a salvo no coche evitou danos máis graves.

Segundo fontes policiais, non era a primeira vez que se rexistraban incidentes con este animal. O animal esta custodiado no Centro de Acollida e Protección de Animais de Meis.

A súa propietaria enfróntase a unha sanción de ata quince mil euros, ademais de ser responsable civil e penal se o decide o instrutor da causa dos danos causados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade