Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deporte canino de alto nivel en Galicia

Deporte canino de alto nivel en Galicia

A Galican Agility Cup estase a celebrar en Silleda ata o vindeiro sábado, con participantes de 21 países

315 cans co seus guías teñen que sortear a contra reloxo as diferentes probas de obstáculos 

As probas son puntuables para o campionato de España
 

O sábado pola tarde terá lugar a Copa Galican, o evento máis agardado cos mellores competidores
G24.gal 31/07/2025 14:54 Última actualización 31/07/2025 17:06

Requírese velocidade e precisión, pero sobre todo complicidade entre o guía e o seu can para poder completar con éxito cada unha das probas de obstáculos que conforman os diferentes circuítos.

"O vínculo ten que ser tremendísimo, porque un can por natureza xa lle gusta facer feliz o guía", apunta Rafael Agulló, membro da asociación Galician Agility Festival, organizadores do evento

"Son un equipo que se un non funciona o outro tampouco e é a parte fundamental. Logo facer os obstáculos é o máis sinxelo entre comiñas, o máis complicado é entenderte á perfección co teu compañeiro", explica Alexandre Díaz que compite con Cora no grao 1

Son 5 días de competición o que dura este evento, que cada ano se realiza nun país diferente e por primeira vez chega a Galicia, onde ten a sede a empresa organizadora .

"A Galican é unha empresa de obstáculos de agility, galega que hoxe en día poderiamos dicir é a máis importante do mundo", conta o organizador

Participan en 3 categorías, máis de 300 cans procedentes de 21 países. As probas contra o reloxo son puntuables para o campionato de España e nelas están participando os mellores competidores internacionais.

 "É unha pasada poder ter cerca da casa xente de todo o mundo que son os teus referentes que ao longo de todo o ano velos nos vídeos, e todo iso, e poder velos en persoa é aínda máis espectacular", conta Alexandre

"En España estamos subindo moito o nivel en tema de competicións e esta é unha competición brutal, un sitio brutal, bo tempo, boa comida tamén", relata Álvaro Muñiz, campión de España 2023

A Galican Agility Cup desenvólvese en Silleda ata o vindeiro sábado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade