Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor sae ileso despois de envorcar nun río do Carballiño

Un condutor sae ileso despois de envorcar nun río do Carballiño

Precipitouse dez metros desde unha ponte sen barreiras de protección

Un descoido puido provocar o sinistro

G24.gal 01/12/2025 14:13

Custa crer que o home que conducía este coche poida contalo. Sobreviviu despois de envorcar desde dez metros de altura nas frías augas do río Marañao, no Carballiño. 

"Cando chegamos ao punto, a persoa xa estaba fóra do coche. Tiña síntomas de hipotermia. O coche estaba totalmente envorcado na auga, el estaba mollado, a noite estaba moi fría e era de madrugada", explica Daniel Caíña Gallardo, sarxento xefe do parque de bombeiros do Carballiño.

O aviso chegou ás cinco da mañá do domingo. Foi o propio sistema de seguridade do coche o que emitiu a chamada ao 112 despois de que saltaran todos os coxíns de seguridade. O condutor perdera o control do vehículo nunha ponte moi estreita da localidade de Mouriz.

"É unha zona moi estreita, a estrada está bastante sucia, e por onde caeu non hai ningunha barreira de seguridade. Hai unha caída de entre dez e quince metros, precipitouse parece ser que por culpa dun descoido".

O vehículo quedou somerxido boca abaixo. Por sorte, o río non levaba moita auga e o condutor logrou escapar a tempo.

"Se o río vai alto e non caes preto da marxe quedas completamente somerxido en pouco tempo". 

O sinistro pon de manifesto a perigosidade desta ponte, estreita, sen barreiras nin sinais de perigo, na que un pequeno descoido pode ser fatal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade