Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reabre a AP-9 en Portas tras bater un camión de propano contra un coche

Reabre a AP-9 en Portas tras bater un camión de propano contra un coche

O sinistro deixa dúas persoas feridas de gravidade

O tráfico cara a Pontevedra estivo cortado durante seis horas

G24.gal 17/01/2026 11:52 Última actualización 17/01/2026 21:58

Dúas persoas resultaron feridas graves no accidente que este sábado rexistrouse na autoestrada AP-9, ao seu paso por Portas. Foi debido ao choque dun camión con mercadorías perigosas e un turismo.

O sinistro ocorreu pouco despois das once da mañá no quilómetro 116 da autoestrada, segundo informou a Garda Civil. Tras a colisión, o coche quedou totalmente esnaquizado e o camión, que transportaba propano, acabou envorcado sobre a calzada.

O tráfico, en sentido sur -cara a Pontevedra- tivo que ser cortado por completo durante seis horas. Os condutores que quedaron atrapados nese tramo tiveron que abandonar a vía pola saída 110, algúns deles escoltados pola Garda Civil en sentido contrario.

Ata a zona, ademais da Garda Civil e ambulancias de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, trasladáronse efectivos de Emerxencias de Cuntis.

Persoal de mantemento da autoestrada desprazouse á zona para limpar os restos do accidente e poder reabrila canto antes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade