Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camioneiro foxe dun control, dá positivo en alcol e drogas e conducía sen carné

Un camioneiro foxe dun control, dá positivo en alcol e drogas e conducía sen carné

Saíu correndo do camión e agochouse nunhas matogueiras

Investígano como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria

G24.gal 10/02/2022 14:48

Aconteceu nun control de verificación de mercadorías e vehículos que a Garda Civil de Tráfico estableceu na estrada AC-400 ao seu paso polo concello coruñés de Tordoia. Alí, os axentes déronlle o alto a un camionerio, veciño de Carballo e de 28 anos de idade. Pero el, en vez de parar, decidiu coninuar a súa marcha.

400 metros máis adiante parou o camión e baixou para emprender a fuxida a pé polo medio do monte.  Agochouse nunhas matogueiras pero, ao pouco, os axentes localizárono. Tras identificalo, comprobaron que non tiña ningún permiso de condución. Amais, deu positivo nas probas de alcol e drogas.

Agora investígano como suposto autor dun delito de seguridade viaria ao conducir un camión sen o permiso e dar positivo en alcol e drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade