Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil reforza os controis de alcol e drogas na final do mundial

A Garda Civil reforza os controis de alcol e drogas na final do mundial

Os axentes controlarán que se cumpran as normas de seguridade viaria durante o partido e a posible celebración

Sacar o corpo pola fiestra ou tocar a bucina sen motivo xustificado é sancionable

G24.gal 19/07/2026 15:13 Última actualización 19/07/2026 17:09

Todo apunta a que as estradas galegas quedarán prácticamente baleiras durante a celebración da final do mundial de fútbol, pero a Garda Civil de Tráfico estará máis pendente que nunca, con controis de alcol e drogas despregados por toda Galicia.

"O obxectivo é que a celebración non se convirta nun momento de disgusto. A ilusión compartida debe conxugarse coa responsabilidade", explica o capitán López Dopico, do Sector de Tráfico de Galicia.

Porque en acontecementos coma o deste domingo, os axentes teñen visto de todo: dende persoas sacando o corpo polas ventás dos coches, ata grupos de seareiros invadindo a calzada. Utilizar a bucina para animar tampouco está permitido.

"Os sinais dos vehículos están destinados específicamente para unha fin. Polo tanto, non podemos utilizar os elementos do vehículo para outra fin distinta que é garantir a seguridade viaria", advirte o capitán.

Así que a mensaxe é clara: que España xogue a final do mundial non é excusa para descoidar a seguridade viaria.

A vitoria é unha celebración dunha noite. As consecuencias dunha imprudencia poden durar toda a vida", lembra López Dopico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade